A Xunta modificará o proxecto sectorial do parque empresarial das Gándaras

A Xunta de Galicia modificará o proxecto sectorial do parque empresarial das Gándaras para adaptalo ás necesidades e á
demanda actual das empresas. Con ese fin, a modificación sométese a exposición pública durante o prazo dun mes, segundo o anuncio publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia.
A modificación puntual do proxecto sectorial regulará, fundamentalmente, os seguintes aspectos:
Cambios na distribución das parcelas en función da súa superficie, incrementándose as de menor dimensión, que son as máis demandadas
Previsión do uso de almacenaxe ao aire libre no interior das parcelas.
Regulación dos sinais publicitarios.
Axustar condicións de acercamento de naves.
Axustar o contido dos estudos de detalle que se requiren en determinadas parcelas.
Incrementar as alturas, do muro macizo e total, da norma reguladora dos cerramentos de parcelas.
Acomodar as ordenanzas de equipamentos e de zonas verdes ao establecido polo PXOM de Lugo.                                                      
Cambio de localización dun tanque de tormentas e regulación da implantación de casetas para seguridade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com