Unha persoa que circulaba nun coche resultou ferida ao bater contra un camión e dar varias voltas de campá na A-6, á altura de Begonte. O accidente ocorreu no punto quilométrico 512 da autovía, en sentido a Madrid.
Varias persoas particulares alertaron do sinistro ao 112 Galicia ao fío das 18:00 horas.
Decontado, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención da Garda Civil de Tráfico, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba e do servizo de mantemento da vía.