Segue a escalada de contaxios na área sanitaria de Lugo

10 positivos máis elevan a 87 o número de casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo, o que sitúa a Lugo como a segunda provincia galega con máis afectados por coronavirus.

Segundo a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 279, deles 50 son da área da Coruña, 87 da de Lugo, 10 da de Ourense, 4 da de Pontevedra, 101 da área de Vigo, 20 da de Santiago, e 7 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 4 están en unidades de hospitalización e 275 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.722 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 195.156.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com