Marea Galeguista

Marea Galeguista apoia ao persoal laboral da residencia de maiores das Gándaras 

Varias representantes das traballadoras da Residencia de persoas maiores das Gándaras, mantiveron unha xuntanza con integrantes da candidatura da Marea Galeguista, no transcurso da cal expuxeron as reivindicacións que este colectivo de traballadores da Xunta demanda . “Ao persoal laboral nin se lle recoñecen os días saíntes despois das noites traballadas, nin se lles está a compensar as fins de semana de servizo” criticou a candidata Carmen Núñez.

Nesa mesma liña, Paco Villanueva, candidato número cinco da MG, recordou que o estrés derivado da carga de traballo pode repercutir na calidade do servizo público” xa chegou o momento de trasladar os aplausos e o cariño da xente unhas condicións laborais que permitan aos nosos maiores dispoñer dos coidados que merecen. É a Xunta quen ten obriga moral de facelo”

A Marea Galeguista propón, neste eido, “mudar o modelo asistencial actual cara unha rede de pequenas residencias achegadas ao entorno vital das persoas maiores, de xestión exclusivamente pública, e participadas no seu control polas propias familias das residentes.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Victor Garcia Garcia
    Xul 05, 2020 - 01:30 PM

    Todos tranquilos que esto se les olvida A LA HORA DE VOTAR.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com