A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada pola Presidenta da Federación Libreiros de Galicia, Pilar Rodriguez Álvarez, e a Responsable de Acción Cultural da Consellería de Cultura e Educación, Yolanda Gómez, presentaron a 33º Feira do Libro de Lugo que se celebrará dende o martes 12 ao domingo 17 de maio.
Carmen Basadre informou que “son xa 33 anos nas que colaboramos en contar a historia en letras a través dos postos das 9 librerias nas que poderemos atopar todo tipo de exemplares, dende libro infantil ata libros con historia” ademais de que este ano coincide co Dia das Letras Galegas adicado a Xosé Figueira Valverde.
O horario de apertura será de 11.30 a 14 e de 17.30 a 21 horas e os postos estarán instalados no fondo da Praza Maior. Ademais tamén haberá unha serie de actividades entorno a esta feira, como son presentación de libros, concertos, obradoiros, recitais de poesía, ou contacontos.
Tamén este ano, as casetas contarán con programación individual como son conferencias e charlas e sinatura de libros por parte dos autores. Durante estes cinco días haberá diversas actuación musicais de grupos e bandas de Lugo.
O listado de participantes comprende á librería El Faro de los Tres Mundos, La Voz de la Verdad, Aguirre, Deputación Provincial, Totem, Biblos, Gran Enciclopedia Galega, Biblioteca Nodal, Trama e máis a Libraría Cartabón.
Tamén haberá unha caseta para a Biblioteca da Feira, outra con Información e Punto de Encontro e unha Carpa de Actividades.