A Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo e candidata ás eleccións autonómicas, Patricia Otero avanzou hoxe que pasará o confinamento decretado polo Goberno de Feijóo durante 5 días na Mariña, onde reside e non participará en ningún acto electoral no que resta de campaña, salvo en aquelas actividades que non impliquen contacto directo con grupos de cidadáns así como os habituais cos medios de comunicación. Otero fixo este anuncio tralas medidas decretadas pola Xunta sobre o incremento de casos polo brote de covid-19 detectado na Mariña, que obrigou a pechar, durante cinco días, os accesos aos concellos da Mariña.
A cabeza de lista e candidata ás eleccións considera “que sería unha irresponsabilidade participar en actos colectivos. Quen nos dedicamos a actividade política temos a obriga de dar exemplaridade cos nosos comportamentos. A prioridade é loitar contra a propagación do virus, e o que entendo nos toca aos candidatos e comportarnos con coherencia con o que se pide a os veciños”.
Nesa liña sinalou “confío en que todos os candidatos de todos os partidos que prediquen co exemplo, e declinen a participación neste tipo de actos. Sería inconcibible que non se estivese á altura do exemplo que debemos dar. Eu dou o primeiro paso, e convido a que me acompañen por coherencia entre o que dicimos e o que facemos”, expuxo.
“Agora que a Xunta ten as competencias e a responsabilidade, debe ser eficaz na loita contra a extensión de virus e ser completamente transparente na información que se proporciona as forzas políticas e a os cidadáns. Esa é a súa obriga, a nosa esixencia e o que os cidadáns da Mariña merecen: eficacia sanitaria e transparencia informativa”.
Otero tamén tivo palabras de recoñecemento para o traballo dos Concellos, “que ten que ser respaldado cos medios necesarios, que hoxe non teñen, por parte da Xunta de Galicia e do Goberno de Feijóo. Os nosos alcaldes non poden ser os que paguen as carencias e a inoperancia da administración autonómica. Deben ser atendidos nas súas demandas e reforzados nas súas capacidades”.
Por último, dirixiu unha mensaxe de afecto e confianza “a todos os meus conveciños da Mariña. A experiencia de xestión do Goberno de Pedro Sánchez amosounos que con medidas axeitadas e disciplina social, podemos frear a expansión do virus. Ese é o camiño que debemos seguir agora, e o que nos levará a logralo”, resumiu.