Feijóo pide o voto fronte a un “multipartito que nin sabe nin pode dicir quen levaría Sanidade ou Economía”

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe o voto dos galegos e galegas para continuar cunha Xunta experimentada, que leva 11 anos xestionando, fronte a un multipartito que non sabe nin pode dicir quen levaría a Consellería de Sanidade ou a de Economía.

Así, durante un mitin en Lugo, Feijóo manifestou que se os galegos confían no PPdeG o vindeiro 12 de xullo Galicia terá unha Xunta que actúa desde o primeiro momento, que non perderá o tempo en subastas de consellerías; e que conta coa experiencia e a capacidade de xestión necesarias ante as incertezas sanitarias e económicas.

Segundo Feijóo, é tempo de “experiencia e non de experimentos; de respostas coordinadas e non dun multipartito; de xestión e non de meras declaracións; de responsabilidade e non de demagoxias; de aportar certezas e non de máis incógnitas”, indicou o candidato a repetir na Presidencia da Xunta, quen incidiu en que, o luns, Galicia ten que seguir funcionando e tomando as decisións necesarias para preservar a saúde dos galegos: “É tempo de non perder o tempo”. Así mesmo, salientou que a resposta ante o futuro ten que ser unha Galicia unida e non fragmentada coa suma de 10 partidos, tres ideoloxías e 4 candidatos pelexando cada día por ver quen manda máis.

En definitiva, dixo que co PPdeG “Galicia ten unha garantía de xestión, de estabilidade e de certezas”, na que se resolvan problemas e non se parta nin se reparta entre dez partidos. “Pídovos o voto para un presidente libre, que só se deba aos galegos, e para un goberno que goberne”, engadiu.

Novas relacionadas

  1. Luis Díaz
    Xul 08, 2020 - 04:09 PM

    Quen levaría a Consellería de Sanidade ou Economía, se gobernamos os de esquerdas , sería cuestión de preguntarllo a calquera pepeteiro. Como no, si es que siempre lo hicisteis fetén.

    Reply
  2. Victor Garcia Garcia
    Xul 08, 2020 - 02:53 PM

    Todos tranquilos que a mucho/as se les olvidará a la hora de votar LO QUE ESTE SUJETO HIZO CON GALICIA Y LOS GALLEGOS DURANTE UNA DECADA.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com