Continuando cas xornadas ambientais de verán Os catro elementos o vindeiro sábado 11 de xullo às 10h, no Parque do Miño, ADEGA Lugo organiza un obradoiro de Fabricación de papaventos (AIRE).
A atmosfera que envolve á Terra abríganos e fornécenos do ar que respiramos. Os que acodan a este obradoiro traballarán este elemento, observando o seu movemento (vento) e as suas aplicacións prácticas e lúdicas. Aprenderán a fabricar papaventos con materiais naturais e de refugallo e a voalos.
Estas xornadas de verao naceron para axudar á identificación do ser humán coa natureza, representada polos catro elementos primordiais definidos por Aristóteles. Durante o mes de xullo, organízanse en diferentes localizacións de Lugo e a súa contorna obradoiros, visitas e andainas, coas que se pretende achegar ás persoas a observación e coñecemento dos catro elementos da natureza. O lume, o ar, a auga e a terra son os eixos centrais das actividades.
O calendario das actividades é o seguinte:
Aire: Obradoiro Fabricación de papaventos, o sábado 11 de xullo ás 10h, no Parque do Miño.
Auga: Andaina na búsqueda das fontes de Lugo. O sábado 18 de xullo, ás 10 h. Punto de
encontro no Pazo de San Marcos.
Terra: Visita a unha olaría en Bonxe. O 26 de xullo ás 10h.
Para todas as actividades é preciso reservar praza chamando ao 982240299 ou escribindo a adegalugo@adega.gal, indicando nome apelidos, e teléfono de contacto. As prazas son limitadas. Todas as actividades son de balde. Para evitar a propagación da COVID19 é necesario o uso de máscara en todas as actividades. Dispoñeremos de xel hidroalcólico nas actividades.