Número tres da lista do PP na provincia, técnica do Igape e, nos últimos tempos, subdirectora de inversións desta entidade. Cristina Sanz Árias presenta nesta entrevista unha cara diferente do seu partido, dende o que apostan polo investimento en industria e esperan que a cidadanía galega avale o seu traballo nas urnas o vindeiro domingo.
XdL: Número tres da lista do PP na provincia, técnica do Igape e nos últimos tempos, subdirectora de inversións desta entidade. Vese con posibilidades de ser nomeada directora do Igape se o seu partido gaña as eleccións?
Cristina Sanz: Non, non creo que ese sexa o meu futuro na política. Eu estou aquí para aportar, estou moi cómoda levo un ano e medio, case dous en Santiago de subdirectora, moi vinculada a Lugo tamén, veño un día á semana. Non é meu fin en política, non o creo. É case o máis claro que che podo dicir.
XdL: Debido ao avance que tivo a pandemia, especialmente na nosa provincia, considera necesario que, precisamente, o Igape, saque unha liña de axudas dirixidas a pequenas empresas e autónomos?
C.S.: Si. Dende que comezou o confinamento,estivemos traballando moitísimo; en Lugo máis ou menos tivemos coas asociacións de empresarios e diferentes sectores en torno a 30 reunións. Falabamos con eles, nos contaban as súas necesidades. Gustoume moito como traballamos porque normalmente a institución é moi lenta, moi farragosa, sacar algo require moita burocracia entonces fumos capaces de ser flexibles e adaptarnos moi rápido ás necesidades que nos plantexaban. A raíz desas demandas, sacábamos as axudas, xa sacamos moitas, non vou entrar en detalle porque sería moi pesado. O primeiro que sacamos foi liquidez, que era o que nos pedían os empresarios, que non tiñan ingresos pero tiñan gastos grandes, e a sacamos inmediatamente. O que sorprende é que de case todas as liñas, que fumos sacando datos, e quizáis porque tivemos tanto contacto cos empresarios, hai moitísimas solicitudes de empresarios da provincia de Lugo, en relación a outras provincias con características similares.
Ademáis sacamos axudas para a fabricación de equipamento sanitario, para salvar aquelas carencias de que non había máscaras. Porque fabricar unha máscara cirúrxica custa 0,9 euros, pero estaban no mercado, naqueles tempos, ao redor dos 3 euros. Estamos intentando que se cree unha industria galega de equipamento sanitario, para non ter que depender de fóra, para que sexa produto de calidade e a un prezo razonable e temos tamén proxectos de lugo moi interesantes, incluso estes días, enviaron solicitude para dous máis, proxectos potentes de máscaras, de equipamentos, de diagnóstico…
Sacamos máis axudas, por exemplo, os empresarios tiñan medo a adaptar os seus locais, sobre todo no comercio e no turismo, porque non tiñan cartos para iso. Pois sacamos un grupo de axudas que se chama Reactiva Comercio Seguro, Reactiva Servizos Seguros… para que adapten os seus negocios e dean confianza e seguridade ao cliente. Tamén para temas de teletraballo e conectividade no rural.
O noso obxectivo é practicamente o empresario, pero tamén notamos un problema tremendo entre traballadores en ERTE que tardaron moitísimo en cobrar as prestacións que tiñan recoñecidas, xa non son moi elevadas. Detectamos esa carencia nas familias e asinamos un convenio con entidades financieiras para adiantar a todos eses traballadores o ERTE de dúas mensualidades.
XdL: Outro dos sectores que foi moi afectado foi o da cultura, non sei se sacou algún tipo de inversión para estas empresas que, aínda que abran, moita xente non acode por medo ao contaxio.
C.S.: No plan de Turismo, entra o apartado de cultura, e é un tema que preocupa moitísimo, sobre todo co que estaba plantexado para o estupendo Xacobeo que se esperaba. Nós, nas nosas axudas que normalmente só sacabamos para cultura, agora tamén entran todas as empresas de carácter cultural. Estamos traballando tamén coa consellería de cultura. En Economía estamos traballando coa asociación de Orquestras de Galicia, que é un sector importante, que entra dentro do de cultura, e da emprego a máis de 3000 persoas na comunidade. Estamos traballando con ela, pero en colaboración coa consellería, para facer algo específico, e seguir aliviando un pouco.
XdL: O que está claro é que non é sinxelo manexar unha crise de tal calibre en especial cando non hai precedentes. Que considera que lle faltou por facer ao Goberno central ou que non debera ter feito?
C.S.: Eu creo que en Galicia estivemos moi ben atendidos polo noso presidente, eu dígoo como cidadá pero tamén como persoa que estaba dentro traballando. Eu vin que era un traballo incrible, incansable. Admirei moito aos meus superiores polo traballo que fixeron durante a pandemia. Creo que traballaron moi ben, errores non se cometeron, fixérono con previsión, certeza e seguridade que eu como cidadá, e temendo que a situación se complique, como estamos vendo na Mariña, quero ter un equipo como o que temos en Galicia. Prefiro non criticar ao Goberno Central, eles fixeron o que poideron, é unha situación moi complicada a nivel mundial. Eu escoitaba ao presidente da Xunta e cumpría como cidadá. Sïntome ben coas persoas que están xestionando o Sergas, e con quen está ao mando deste barco. Seino porque traballei dentro e sei como o fai, eu quero que siga el ao fronte, creo que o fai moi ben.
Esperemos que os resultados electorais nos avalen porque eu quero esto e non a alternativa, eso me produce terror pensar que, como mínimo, serían 8. Eu traballei no bipartito e a xestión foi bastante complicada, era caótico, como ter dous gobernos, e non era unha situación tan complicada; non me quero imaxinar coa pandemia, agora coa recuperación económica…
XdL: Esta mañá a alcaldesa de Viveiro facía un chamamento a suspender as eleccións na comarca da Mariña, porque o aumento de casos é unha realidade. Considera o PP esta opción?
C.S.: Non teño os últimos datos, pero agora mesmo creo que votar é totalmente seguro. Ven en prensa a entrevista feita ao Xefe de Medicina Preventiva, e díceo. Son profesionais, non van implicar o seu prestixio por temas políticos. Aínda que si fai un chamamento á sociedade a utilizar as medidas, chama á xente idiota e eu non quero chamar á xente idiota pero quero que a xente sexa consciente e que se coide, en xeral, na vida en xeral. A pesar de que sei que é totalmente seguro ir a votar porque o comprobamos, eu personalmente. Fun a un colexio electoral e vimos como está marcado o chan, non se vai tocar o DNI… Dixo o presidente Feijóo que era máis seguro ir votar que ir á farmacia, é o máis seguro que hai. Prefiro mil veces ir votar que non ir tomar un café, que tamén vou. As persoas que deron positivo non poden ir votar, é unha circunstancia non desexable pero a alternativa é moi complicada. Será obrigatoria a máscara; se non a levas darancha alí. Pero agora mesmo, eu creo, que o mais seguro que podes facer fóra da casa é ir votar. É seguro e necesario porque hai que celebrar as eleccións, o sistema é así e en outubro acábase este mandato.
XdL: Hai quen considera necesario que este peche da Mariña sexa efectivo máis días e hai quen di tamen que solo é unha máscara de cara ás eleccións por parte de Feijóo e do Goberno Galego. Considera unha medida suficiente que se peche só 5 días?
C.S.: Eso comentábanmo amigos e familiares onte. Ese tema do peche da Mariña seguía un criterio absolutamente técnico. Eu vexo a Consellería de Sanidade, o Conselleiro, a Axencia de Saúde Pública, son persoas que son independientes, serían o cuarto poder na Xunta de Galicia. Fan eles os criterios técnicos e sanitarios e non se implican por ningún tema electoral. Eu creo, e é unha opinión persoal, que eles tomaron a decisión e comunicáronlla ao Presidente, pero non lle consultaron se podían tomar esa decisión. Eles son profesionais que o xestionaron moi ben, saben como facelo. Tampouco creo que sexa un tema electoral, xa que calquera persoa que viva na Mariña, incluso hoxe, podería ir votar poque teñen mobilidade absoluta no interior da comarca. Pero é que ademáis, unha persoa veraneante que teña aquí a súa vivenda tamén podería vir votar.
XdL: Pero o periodo de incubación son 15 días, só cinco non da tempo nin de ver o avance real.
C.S.: Xa, non, pero realmente non é un confinamento, é unha medida de seguridade diferente. Eu creo que o venres van tomar os datos e van volver tomar a decisión que eles consideren. Paréceme moi lamentable que certos partidos queiran facer política cun tema que está totalmente á marxe. Está a saúde e logo vén todo o demáis. Eu confío neles, xestionaron moi ben. Confío en como xestionaron e como o seguen a facer; son criterios ténicos, a política é outra cousa. O primeiro é a saúde dos galegos, logo está todo o demáis.
XdL: E xa para rematar, gustaríame que nos adiantara os obxectivos do seu partido para a provincia de Lugo, se repiten, de novo, na Presidencia.
C.S.: Temos pensado desarrollar os proxectos que temos en marcha como rematar a Residencia, dotar os Hospitais de Monforte e Burela. Non só na provincia, senón en xeral, temos o tema das familias de dous fillos que pasarán a considerarse familia numerosa, unha serie de medidas para intentar levar a conectividade ao rural. O programa é super amplo en todos os sectores, e por exemplo, temos o Plan de Reactivación Ecónomica, coa posta en marcha de tres proxectos tractores que aínda está por determinar a ubicación e que suporá a invesión público-privada de 1200 millones en Galicia. Unha serie de propostas de beneficios fiscais para o teletraballo, e outras, que só se poden aplicar tendo un goberno estable que terá medidas para todas as áreas: Turismo, Economía, Medio Rural…Por outra banda, gustaríame comentar un tema que preocupa á xente nova, é o tema das prazas sanitarias. Estiven falando co conselleiro de Sanidade e comenteille o da interinidade. Creo que non está moi ben explicada esta situación. Nós queremos asegurar unha estabilidade para todas as persoas que están interinas, queremos sacar o máximo que son 3.000 empregos. Queremos dar estabilidade a esa xente traballadora, pero o Goberno nos limita a taxa da reposición, co que só podemos sacar as prazas da xente xubilada ou que non está, que agora son algo máis de 900. O Conselleiro está moi interesado en sacar esas prazas pero por agora non nolo permitiron. Outros partidos ofrecen sacar 5.000 prazas, pero Madrid non permite chegar ás 1.500. Preocúpanos moito, en especial porque o sector sanitario pásao moi mal.
XdL: Un último chamamento ao voto?
C.S.: Claro que quero pedir o voto para o presidente Feijóo. É o mellor presidente que podemos ter, non hai outro que aposte tanto por Galicia. Díxoo pero tamén o demostrou. O eslogan é Galicia, Galicia, Galicia e así é, vese nos seus datos. É o único que lle importa, faino moi ben. Ogallá poida gobernar os vindeiros catro anos, e ogallá poida facelo outros moitos tamén. Todo é por Galicia, é o que el pensa, e o que el nos transmite.
Xul 09, 2020 - 04:06 PM
Pues mire Señora, a servidor lo que le produce terror es el afán desmedido con las privatizaciones que dan lugar a la corrupción y el latrocinio ya judicializado en su partido.
Xul 09, 2020 - 03:16 PM
Estes dez anos longos de Feijóo supuxeron o estancamento, no mellor dos casos, cando non o retroceso de realidades críticas para o desenvolvemento económico e social de Galicia. Velaí a evolución da poboación (perda de 75.000 persoas fronte ao medre de 733.000 en España), do medio rural (produción e superficie agraria á baixa), da sanidade pública (mínimo histórico de camas hospitalarias e privatización masiva dos servicios sanitarios), do persoal docente (1.616 profesores menos entre 2009 e 2018, último ano publicado), dos recursos culturais, do uso da lingua autóctona… en fin, de calquera manifestación de actividade transcendente para o país.
Núñez Feijóo revelouse unha especie de presidente estatua, un home que se pon de perfil ante cada problema salientable e se limita a xestionar a súa presenza nos medios. Feijóo compórtase ante todo coma o xefe de prensa de si mesmo, e nada máis.
Xul 09, 2020 - 03:13 PM
Terror dades vos co que estades a facer.
Sempre fala mais o que mais ten que calar
Xul 09, 2020 - 02:45 PM
A ver sinon fora botar naide por que os que vayan igual collen o virus eo pensan ese que dan todos nacasa
Xul 09, 2020 - 02:28 PM
Terror! 🤦🏼♂️
Xul 09, 2020 - 01:55 PM
Todos tranquilos, sabemos que Galicia seguirá siendo el culo de España, porque soporta a muchos/as cero neuronales que esto se les olvida a la hora de votar. Será que el “pseudo chófer de amiguetes narcotraficantes” NO VA DEJANDO EJEMPLOS.
Xul 09, 2020 - 01:55 PM
Terror producenos a moitos o PP,os candidatos a oposición nunca gobernaron para saber se o van facer ben ou mal,igual ese terror dela e non poder seguir mamando á nosa conta.