Os socialistas esixen “transparencia e responsabilidade” a Feijóo no brote da Mariña

A cabeza de lista ás eleccións autonómicas e Secretaria Provincial do PSdeG-PSOE, Patricia Otero denunciou hoxe a falla de transparencia na xestión do rebrote do coronavirus na Mariña Lucense por parte do Goberno de Feijóo.

Otero advirte que é a Consellería de Sanidade quen ten as competencias neste rebrote, “pero a día de hoxe o Presidente Feijoo non compareceu nin un só dia diante dos galegos para dar conta desta xestión. Pero cando o mando único era do Goberno Central, facía oposición e replicaba cada decisión que se anunciaba desde Madrid. Por iso os mariñáns pregúntanse onde esta o Presidente Feijóo, porque se esconde o PP?.”, insistiu.

E proseguiu “cales son os datos reais desta pandemia?, porque a día de hoxe ninguén os coñece”. E insistiu nas súas criticas “Feijóo a día de hoxe non se puxo en contacto con ningún Alcalde mariñao para explicar como está a situación desta crise, están completamente abandonados”, denunciou.

“O mando único que tanto reclamaba Feijóo están agora na Xunta, e ademais quero lembrar que foi o primeiro Presidente Autonómico que quixo saír do Estado de alarma. Pero agora que ten o mando non é capaz de xestionar esta situación, e está trasladando toda a responsabilidade aos concellos. Iso si, sen achegar nin un só recurso, nin material, nin económico para solventar esta crise”, argumentou.

Otero dixo que “os Alcaldes e Alcaldesas socialistas séntense completamente abandonados, sen información, sen transparencia nos datos, e cunha falla absoluta da máis mínima colaboración institucional. Feijóo segue co seu paripé de normalidade, cando nestes momentos hai 70.000 persoas confinadas na Mariña Lucense. Non podemos consentir que esta situación, provocada pola imprudencia electoral de Feijóo, recaia unha vez máis na cidadanía da Mariña pola incompetencia do PP”, resumiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com