A maxistrada Olalla Díaz, nova xuíza decana de Lugo

A Xunta Xeral de Xuíces de Lugo, reunida hoxe, designou por unanimidade á maxistrada Olalla Díaz Sánchez, titular do Xulgado do Contencioso-administrativo número 1, nova xuíza decana de Lugo. Entre os obxectivos que se marca para o mandato, destaca a recuperación da normalidade nos órganos xudiciais tras a COVID-19, para o que asegura que terá en conta non só as consecuencias da crise sanitaria, senón tamén “as necesidades que con anterioridade xa presentaban varios xulgados”.

Ademais, a xuíza decana proponse conseguir que Lugo “estea ao nivel doutras cidades de Galicia en materia de investimentos”, á vez que destaca a súa aposta pola modernización tecnolóxica, “potenciando a celebración dos xuízos telemáticos como ferramenta útil para continuar coa actividade xudicial ante situacións como a crise do coronavirus”. Por último, a maxistrada comprométese a “representar e apoiar aos seus compañeiros, velando polos seus dereitos e intereses da mellor forma posible”.

Olalla Díaz Sánchez ingresou na carreira xudicial en 2010, pasando a desempeñar o seu primeiro destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño. Por concurso de xuíces, accedeu ao Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Lugo, destino no que promocionou á categoría de maxistrada en 2018 e no que permanece na actualidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com