O candidato do PP AlbertoNúñez Feijoo volve gañar as eleccións ao Parlamento Galego, e terá a posibilidade de estar outros catro anos como presidente da Xunta de Galicia. Os resultados acadados hoxe polos populares danlle a cuarta maioría absoluta, empatando co seu mentor Fraga Iribarne.
En segunda posición situaríase o BNG, que presentaba a Ana Pontón, pasa a ser o primeiro partido da oposición, triplicando as actas acadadas hai catro anos; seguido do PSdG-PSOE que queda en terceiro lugar, mantendo a posición das pasadas eleccións.
A coalición En Común-Podemos-Anova queda fora do Parlamento igual que Marea Galeguista. Estas formacións que se presentaran xuntas nos anteriores comicios e conseguiran ser a segunda forza política, converténdose en lideres da oposición na Cámara Galega, quedan nesta quenda sen cadeira; confirmándose, unha vez máis, que o electorado non tolera divisións nin liortas dentro dos partidos ou coalicións.
Ciudadanos non acadou a porcentaxe suficiente en ningunha das catro provincias e queda, unha vez máis, fora do Parlamento Galego.
Os inqueritos volveron atinar e foron quen de ofrecer uns datos, en términos absolutos, moi semellantes aos que se produciron na votación de hoxe.