O Concello de Lugo informa que o luns 11 de maio entran en funcionamento as modificacións realizadas en tres liñas de autobús urbano para dar unha maior cobertura tanto á zona do Barrio da Ponte e da zona de Esperante.
Así, a Liña 2 (Cemiterio-Albeiros) prolongará o seu percorrido con saída da parada de A Ponte ás 07:50, 09:50, 11:50, 13:50, 15:50, 17:50, 19:50 e 21:50 dando a volta fronte a Ponte Romana. Ampliándose de catro a oito frecuencias de paradas e o percorrico xa que chega á Ponte Romana.
A liña 7 (Cemiterio-As Gándaras) prolongará o seu percorrido ata Polusa con saída do mesmo ás 09:25, 11:25, 13:25, 18:25 e 20:25 horas.
A terceira liña que amplía percorrido é a Liña 5E (A Campiña-Cemiterio) que prolongará o seu percorrido ata a urbanización Bella Vista e terá saída fronte ao Hotel Santiago ás 08.55, 10:55, 12:55, 14:55, 16:55, 18:55 e 20:55 horas. Deixará de realizar o percorrido pola denominada “Pistas dos militares” e circulará pola Ronda Norte.