As principais enquisas daban a maioría ao PP, e así foi. O 12-X deixa unha resaca electoral que pesa nos partidos da esquerda. As urnas non só amosaron o apoio aos populares de Feijóo senón que tamén debuxan un novo escenario político en Galicia e na provincia.
A abstención foi a tónica da xornada electoral acadando en Lugo máis do 40 %. Como era de esperar, estas cifras favoreceron a Feijóo que logra achegarse á marca do seu predecesor, Manuel Fraga, con catro maiorías absolutas ao chegar aos 41 escanos no día de onte.
Pola súa banda, o BNG de Ana Pontón conseguiu un total de 19 deputados superando con creces ao PSdeG (15 deputados) e convertíndose así no partido líder da oposición. O Parlamento Galego volve a estar formado por tan só tres forzas políticas despois de que a cidadanía eliminara, cos seus votos, á esqueda rupturista de En Marea.
Primeiras impresións na provincia
PP
Tras o escrutinio, Elena Candia, cabeza de lista do PP pola provincia de Lugo, agradeceu aos lucenses que foron votar o seu “apoio total ao presidente” logo de converterse Lugo na provincia galega con maior apoio ao partido popular, algo sorprendente logo de que nos comicios xerais os populares quedaran á cola dos socialistas en apoios. Elena Candia criticou o “empeño que demostrou a oposición en atacar ao proxecto popular” e pediu que ese mesmo esforzo se traduza agora en “apoio e colaboración por Galicia”. O PP ganou en 64 dos 67 concellos da provincia.
“Incluso somos a forza máis votada en 33 municipios onde hoxe non gobernamos e en 19 destes acadando máis de 50% dos votos”, resaltou Candia quen agradeceu este “inmenso caudal de confianza” que, prometeu, “será recompensado en traballo.
BNG
Pola súa banda a cabeza de lista do BNG por Lugo, Olalla Rodil, destacou o “resultado histórico” que o seu partido conseguiu non só na provincia de Lugo senón tamén no Parlamento. A candidata asegurou que hoxe é o día de poñerse a traballar para “defender os dereitos e intereses de todas as comarcas de Lugo. Rodil, que agradeceu especialmente a participación da veciñanza da Mariña, expresou o seu apoio a todos os que están a vivir “unha situación extremadamente complexa, non só pola crise do coronavirus, senón tamén pola incerteza sobre o futuro de Alcoa”.
PSdeG
O candidato número 2 do PSdeG-PSOE na provincia de Lugo, Luis Álvarez, calificou os resultados na provincia como “insatisfactorios”. E agradeceu o compromiso dos máis de 28.000 lucenses que apoiaron o proxecto socialista nestas eleccións autonómicas. O candidato remarcou que o PSdeG de Lugo “impulsará medidas e propostas que contribúan a mellorar a calidade de vida de todos os lucenses. O Partido Socialista seguirá coa actitude do que somos, un partido de goberno, que dirixe moitos concellos e a Deputación de Lugo, así como o Goberno Central”.
Xul 13, 2020 - 02:27 PM
Abstención no lo niego pero muchos que no nos dieron la oportunidad por estar confinados también.,hay que decirlo todo
Xul 13, 2020 - 02:10 PM
O que veñen son as excusas de mal perdedor e a difícil dixestión cando a democracia che dice que a rascala.
Xul 13, 2020 - 02:09 PM
GALICIA en su línea. Luego vienen las protestas, lamentaciones y hasta denuncias ………. NO ESPABILA.