O Castelo de Pambre será o escenario para a presentación de Cairón, o Boletín do Instituto de Estudos Ulloáns, que terá lugar o vindeiro venres 17 de xullo de 2020, a partir das 17.00 horas.
O acto comezará por unha visita ao castelo guiada por Francisco Pardo e, continuará, ás 18.00 horas, coa presentación do documento, na que intervirán o alcalde e o exalcalde de Palas de Rei, Pablo Taboada e Fernando Pensado, respectivamente; xunto ao director e o coordinador de exposicións do Instituto de Estudos Ulloáns, Francisco Pardo e Braulio Vilariño.