A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) mantén o prazo de inscricións aberto para participar na décimo sexta edición do Concurso de Tapas de Lugo, patrocinado polo Concello de Lugo, ata este xoves 16 de xullo.
O certame terá lugar do 4 ao 20 de setembro e poden concursar todos os establecementos de hostalería do Concello de Lugo que estean inscritos no Rexistro de Establecementos e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (REAT).
Para facer efectiva esta inscrición deben presentar a documentación requirida –ficha de inscrición e fotografía da tapa– a través do correo electrónico comunicacion@apehl.org.
As bases do XVI Concurso de Tapas de Lugo enviaranse por correo electrónico e estarán a disposición nas páxinas webs www.apehl.org e www.eparacomerlugo.com.
Debido á situación epidemiolóxica existente, as bases deste XVI Concurso de Tapas de Lugo poderán sufrir variacións para respectar as medidas de seguridade propostas polas autoridades sanitarias e cumprir coa normativa vixente.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.