A Quenlla en concerto

O venres, ás oito e media do serán, A QUENLLA ofrecerán un concerto na sala de exposicións da Deputación Provincial de Lugo (San Marcos),
O concerto xira arredor da figura de Díaz Castro, e do libro DESORBALLANDO OUTONOS, de Alfonso Blanco Torrado, que se ofrece ao público xunto cun CD de A Quenlla con textos de Díaz Castro e o DVD XOSE MARÍA DÍAZ CASTRO, NIMBOS DE POESÍA, producido por Ophiusa en 1988.
Neste concerto didáctico, A Quenlla cantará especialmente temas de Díaz Castro, xunto con outros do seu repertorio habitual.
A entrada é libre.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com