A área de Xuventude propón, ata outono, unha programación de andainas de sostibilidade e igualdade dirixidas á mocidade activa do municipio. Trátase de camiñadas polo Concello de Lugo, lideradas por mozas e mozos de entre 14 e 35 anos, para reivindicar unha cidade peonil e igualitaria.
O número de prazas para cada unha delas é de 25 e a hora de saída será sempre ás 10:30 horas, no Parque Rosalía de Castro (diante do busto da escritora) no caso das andainas de sostibilidade e na Praza Maior (nos soportais do Concello ) para as de igualdade. Os guías locais Guido Álvarez Parga e Lidia de la Fuente serán os encargados, respectivamente, de dirixilas.
As inscricións, de xeito provisional, realizaranse a través do enderezo xuventude@lugo.gal, facilitando o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono, achegando, con caracter obrigatorio, foto ou fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE. As e os menores de idade irán acompañados por unha persoa adulta.
A participación en cada andaina, que é gratuíta, seguirá a seguinte orde de prioridade e por rigorosa orde de inscrición:
-
Mozos e mozas de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo (achegando declaración responsable de empadroamento, que o Concello poderá comprobar).
-
Mozos e mozas de 14 a 35 anos, que traballen ou estuden no municipio de Lugo (achegando copia do ontrato de traballo ou matrícula do centro educativo regrado no que estuda).
-
Mozos e mozas de 14 a 35 anos que residan en municipios limítrofes.
-
E sempre e cando queden prazas vacantes, resto de poboación non superando o 10% de prazas ofertadas en cada actividade.
As datas a conmemorar son as seguintes:
Sostibilidade:
12 de agosto: Día Mundial da Xuventude
29 de agosto: Semana Mundial da Auga
4 de setembro: Mobilidade Sostible
19 de setembro: Día Mundial da Limpeza
Igualdade:
18 de xullo: Nacemento de Xulia Minguillón
8 de agosto: Mulleres na Historia de Galicia
12 de setembro: Nacemento de Emilia Pardo Bazán
17 de outubro: Día Mundial da Nena e da Muller Rural
21 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Xul 15, 2020 - 02:19 PM
Pois nada, a camiñar!