O Partido Popular presenta una iniciativa a pleno para que a corporación inste ao goberno de España a realizar, de forma urxente, a reparación do caneiro de O Muíño. O concelleiro popular Óscar Poy fai este chamamento logo de que se veña de coñecer que caducou a actual concesión e que esta construción que cruza o Miño pasa a mans do Ministerio de Transición Ecológica.
O popular explica que “esta é a mellor época para levar a cabo estes traballos, tanto polo nivel do río como da estación na que nos atopamos razoando que o arranxo debe facerse antes de que chegue o mal tempo e aumente o caudal do río”. Poy insiste en “que é necesaria una intervención decidida para que non se agrave ainda máis o mal estado deste caneiro”.
A estructura deste caneiro ten na actualidade unha gran rotura pola que pasa tanta auga que dificulta o remo aos piragüistas ou a práctica da pesca.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales coma reconocerte cando volves á nosa web ou axudar ó noso equipo a comprender qué seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
Xul 15, 2020 - 01:20 PM
@PPdeLugo Autonomíaaaaa… ! onde andas?