Un bombeiro foi evacuado polos servizos sanitarios a pasada noite despois de sufrir un accidente mentres traballaba no Polígono Industrial de Rábade.
Ao fío das 21:30 horas, unha chamada dos Bombeiros de Vilalba informaba aos xestores do 112 Galicia do incidente. Decontado, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil e Local.
O bombeiro foi atendido polos profesionais sanitarios e trasladado en ambulancia ata un centro hospitalario.