ACE presenta un programa electoral baseado na transparencia a traveso de auditorías cidadás das contas do Concello

Alternativa Cidadá de Esquerdas presenta un programa electoral baseado na “transparencia”, e propón facelo a traveso de auditorías cidadás das contas do Concello, así como a implantación da fiscalidade progresiva real, “para que os que menos teñen tamén paguen menos polas taxas municipais”.

A remunicipalización dos servizos con xestión 100% pública da auga e do transporte público, así como uns orzamentos “verdadeiramente participativos”, son outras das liñas estratéxicas do programa de ACE.

Carlos Portomeñe, candidato á alcaldía, sinalou que “este programa é a vía para acabar co modelo de cidade do bipartidismo, baseado na especulación urbanística con monumentos á corrupción como o son as Torres do Garañón, muro da vergonza que hai que derrubar, e con proxectos pantasma e baleiros como o MIHL, a ponte branca ou o Polígono das Gándaras, que foi o que levou á actual situación de crise da cidade, con 17.000 persoas en risco de exclusión e máis do 47% das familias con verdadeiras dificultades para chegar a fin de mes”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com