A Xunta de Galicia leva entregadas preto de 1.255.000 unidades de material de protección contra o coronavirus ás residencias e centros asistenciais da provincia de Lugo desde o inicio da crise sanitaria.
Desde a primeira achega, a principios de abril, o Goberno Galego subministrou a 156 centros lucenses un total de 570.580 guantes, 615.417 máscaras e pantallas faciais, 15.695 batas e mandís, 18.100 gorros, 26.700 calzas, 7.771 unidades de produtos desinfectantes e 163 trípticos informativos.
Estas cifras inclúen o envío que se está a completar esta semana, o número 17, que neste caso supuxo a entrega de 77.396 unidades a 79 centros. Entre o equipamento distribuído nesta ocasión contabilízanse 38.400 guantes, 38.368 mascarillas e pantallas faciais, 120 batas, 495 unidades de produtos desinfectantes e 13 trípticos informativos.
As entidades que reciben estas achegas, públicas e privadas, son centros de maiores, menores, discapacitados, inclusión, igualdade e xuventude existentes na provincia de Lugo. A Administración galega quere garantir así a axeitada protección dos profesionais que traballan nestas entidades de atención e coidado de colectivos vulnerables ao coronavirus.