A área sanitaria de Lugo baixa dos 100 casos activos por Covid-19

Nas últimas 24 horas e segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade  na súa última actualización, o número de casos activos de coronavirus na área sanitaria de Lugo é de 98, dos cales 69 pertencen ao distrito sanitario de A Mariña que se reduce en 10 casos con respecto aos datos de onte. Cabe  destacar que todos os novos positivos que se seguen a detectar nesta área están relacionados co brote, o que permite seguir a trazabilidade dos casos e continuar na estratexia de busca activa de contactos e realización de todas as probas necesarias de forma precoz para cortar a transmisión e conter o brote.

En Galicia o número de casos activos é de 180, deles 37 son da área da Coruña, 98 da de Lugo, 5 da de Ourense, 9 da de Pontevedra, 20 da área de Vigo, 11 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 172 no domicilio, non habendo ningún en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.131 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 236.787.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com