Nas últimas 24 horas houbo un pequeno repunte no número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo con 6 novos positivos, o que sitúa á área de Lugo en 80 casos activos por Covid-19. De estes 80 casos, destacamos que 56 sitúanse no distrito sanitario da Mariña, que suma 8 positivos con respecto a onte. Das 60 PCR realizadas nas últimas horas a persoas relacionadas con este brote, 8 arroxaron resultado positivoe as restantes 52 foron negativas. Neste momento a porcentaxe de PCR positivas é moi baixa respecto ao momento no que se adoptaron as medidas especiais para conter o brote no distrito da Mariña, cando aproximadamente o 20% das PCR realizadas eran positivas.
Así mesmo, destacar que todos os novos positivos que se seguen a detectar nesta área están relacionados co brote, o que permite seguir a trazabilidade dos casos e continuar na estratexia de busca activa de contactos e realización de todas as probas necesarias de forma precoz para cortar a transmisión e conter o brote.
En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia segundo informa a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade na súa última actualización é de 180; deles 43 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 4 da de Ourense, 11 da de Pontevedra, 31 da área de Vigo, 11 da de Santiago, e ningún da de Ferrol.
O número de PCR realizadas é de 240.281.