Un centenario do Dia da Patria Galega excepcional

Hoxe 25 de xullo, como cada ano dende os setenta, os nacionalistas, celébramos o día da Patria. Esta data escollida polas Irmandades da Fala como acto de afirmación da nosa identidade colectiva hai cen anos, comezou como festa reivindicativa baixo a denominación de Día de Galicia, e non sería ata 1973 que se rebautizaría polas organizacións políticas nacionalistas existentes daquela como Día da Patria Galega. Pero non é o único nome que ten na actualidade, xa que se segue a utilizar pola administración actual a denominación de Día de Galicia e mesmo, por outros, como Día Nacional de Galicia.

Cando dicimos excepcional, é basicamente pola circunstancia do andazo do Coronavirus, que fai que por primeira vez dende os anos setenta, non haxa en Compostela as xa tradicionais manifestacións das diferentes agrupacións políticas, pero tamén, e en moita menor medida, a outra excepcionalidade ten que ver con algunha nota de prensa que puidemos ver este últimos días saída dos teclados de algúns dos que sempre defenderan, a capa e espada, a denominación de Día da Patria Galega. Poren, estes días cualificaron a celebración como “Día Nacional”. ¡¡Cousas veredes!!

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com