Baixan en 5 os casos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Un día máis volven a baixar os casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo. Segundo a última información da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, na súa última actualización, o número de casos activos de Covid-19 na área de Lugo é de 80, 5 menos ca onte.

En Galicia o número total de casos volveu a rexistrar un novo repunte, sitúandose en 249, 7 máis que no día de onte;  deles 71 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 6 da de Ourense, 20 da de Pontevedra, 50 da área de Vigo, 21 da de Santiago, e 1 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 1 está en UCI, 8 en unidades de hospitalización e 240 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.251 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 246.840.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com