XXVII edición da mostra de instrumentos de música tradicional en Parga

A Mostra de instrumentos de música tradicional que se vai celebrar en Parga, congrega nesta edición especial a 35 artesáns que amosarán ao público a riqueza da produción artesanal dos instrumentos que saen dos seus obradoiros. Os artesáns traerán unha amplísima variedade de instrumentos tradicionais como gaitas, requintas, zanfonas, tambores, bombos, pandeiretas, trompas ou violíns.

Esta será unha edición especial cun formato diferente, adaptado á situación que se está a vivir e con todas as medidas de seguridade esixidas por mor da Covid 19.

A apertura da Mostra está prevista para o vindeiro sábado ás 11.30 horas e a continuación  o pregón ás 12:00 h. que nesta ocasión correrá a cargo de Afonso Castro, gaiteiro e artesán.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com