A empresa de turismo lucense Camiños con Arte, ven de presentar dous novos produtos on-line que están chamados a ser unhas ferramentas de grande interese para o desenvolvemento turístico de Lugo. Estámonos a referir a Audioguía de Lugo e Audioguía infantil de Lugo que son os nomes cos que se atopan dispoñible xa na rede e que farán que os turistas que nos visiten así como os seus fillos gocen dunha experiencia cultural ao seu ritmo, sen grupos e a calquera hora. Comodamente a través do seu teléfono móbil.
A Audioguía de Lugo inclúe contidos históricos e artísticos sobre os lugares máis destacados da cidade e a Audioguía infantil está adaptada para nen@s de 6 a 12 anos, cunha duración e contidos específicos para que os máis pequenos desfruten dunha actividade cultural en familia. Sen limitación de horarios e coa liberdade de parar e reanudar o audio cando os visitantes queiran. Máis info en: https://www.caminosconarte.com/audioguia-de-lugo-2/