A Concellería de Deportes do Concello de Lugo,, dirixida por Miguel Fernández informa que a piscina de As Pedreiras retoma á actividade ó público este sábado día 1 de agosto, tras permanecer pechadas por terse realizado nelas tarefas de mantemento.
Por outra banda as piscinas interiores climatizadas de FRIGSA non estarán abertas ó público no mes de agosto, debido ao inicio de traballos de conservación das instalacións, pero si permanecerán abertas as exteriores. O concelleiro de Deportes, recalcou que dende o concello “traballamos en garantir o correcto funcionamento das instalacións deportivas co fin de promover a actividade física dos veciños do Concello Lucense”.