Castiñeira anuncia “pago doado” para os impostos e rebaixas do IBI e rodaxe

O candidato do PP á alcaldía de Lugo, Jaime Castiñeira, asegurou hoxe que se é elixido alcalde, levará a cabo unha serie de accións entre as que destacou a o incremento de medios económicos para o fomento do emprego e servizos sociais “destinaremos a apoiar a creación de emprego e a servizos sociais todo o aforro que nos permitirán a licitación de contratos caducados, que serían 5 millóns de euros só neste último mandato, a municipalización dos servizos ruinosos e a redución do gasto corrente improdutivo”

O popular afirma que “co ánimo de que o pago dos tributos municipais sexa máis doado e teña moito menor impacto para as familias lucenses, o que faremos será establecer un plan de pago fácil que permita dividir en 10 cotas iguais os impostos de contía fixa como a contribución ou a rodaxe, entre outros”

Jaime Castiñeira sinala que “se o Partido Popular goberna a cidade, a economía dos veciños mudará cunha política de impostos máis axustada e cómoda para as familias”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com