O edil de Urbanismo, Miguel Couto supervisou esta maña o peche de O Garañon. O concelleiro, recalcaba que “resolvemos ordenar á propiedade que procederan de xeito inmediato para impedir que as persoas accedan de forma fácil ao interior, e evitar un uso non adecuado do edificio”.
Un grupo de operarios, selaron os accesos con chapa metálica e cegaron con ladrillos e cemento o resto de accesos, polo que dende esta semana o Garañon terá todos os seus accesos tapados para impedir que volvan a acceder persoas no seu interior. O goberno local requiriu á propietaria de tomar esta medida “Lembrando que é responsabilidade do titular do inmoble garantir que non se poida acceder ao mesmo e debe de dispoñer de todos os medios ao seu alcance para alcanzar o obxectivo polo perigo inminente que a deterioración da edificación supón para a seguridade das persoas” explicaba Couto.
O edil quixo facer “un chamamento á cidadanía para que manteñan un comportamento exemplar, e en caso de incumprimento actuaranse conforme á legalidade, debendo asumir as responsabilidades” xa que o Concello non pode converterse no garante de que non se acceda ao edificio, pois o seu labor limítase ao cumprimento da legalidade en canto ao peche e limpeza da parcela, aspecto que xa mandou executar mediante unha orde que hoxe ve como se executa grazas á predisposición e colaboración do actual responsable do inmoble.
Ago 03, 2020 - 03:58 PM
DEMOLICION XAAA….que van arrancar todo…son menores retando a madres,van a seguir subiendo🤷♀️
Ago 03, 2020 - 03:47 PM
Pero que edificio nin que edificio. Teñen orden de demolición, asta cando así. VERGOÑENTO!