O BNG- AA crean un horto urbano na Abella

Un cento de cebolas, tres ducias de leitugas e algúns tomates foron as primeiras especies que poboaron o horto urbano público aberto por militantes e simpatizantes do BNG – Asembleas Abertas. O candidato á alcaldía, Rubén Arroxo, dixo que “ante a pasividade decidimos ocupar simbolicamente este terreo e levar adiante os labores precisos para poñer a funcionar un horto urbano público” e engadiu que “está é unha demanda do BNG que Orozco se negou a executar, que a xente demanda e que contribúe a unha maior calidade de vida en Lugo”.

Neste acto reivindicativo, que se realizou nunha parte da parcela que no seu día ocupaba a factoría de Abella, participaron preto dunha trintena de persoas.

Arroxo sinalou que o barrio de Lamas de Prado sería un espazo idóneo para que o concello inicie este tipo de proxectos comunitarios xa que “conta con moitos espazos, moita poboación e ten a posibilidade de instalar os hortos preto das vivendas o que facilita que veciños e veciñas poidan desprazarse camiñando ata eles, cousa que non ocorre, por exemplo, nos do paseo do Rato”.

Dende o BNG – Asembleas Abertas fan unha aposta pola implantación de hortos urbanos, onde se situarían zonas de compostaxe, isto permitiría reducir considerablemente o número de toneladas de lixo que o concello de Lugo envía a SOGAMA, sobre o que Arroxo lembrou que “estamos a pagar arredor de 80 euros polo procesamento de cada tonelada”, e ademais fornecería de material para abonar os hortos ás persoas que os xestionasen.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com