Unha muller faleceu esta tarde despois de sufrir unha indisposición e esvaerse na beiramar da praia de Covas, en Viveiro.
Os feitos sucederon preto das 16:25 horas. Foi, nese momento, cando varias persoas particulares alertaron da situación da muller ao 112 Galicia.
Nada máis ter coñecemento do ocorrido, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso aos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Protección Civil e aos axentes da Policía Local e Nacional.
Malia aos esforzos do equipo médico desprazado ata o lugar do incidente, nada se puido facer por salvarlle a vida á muller.