As obras de acondicionamento no estadio das Pedreiras terá un custo superior aos 39.000 euros e consistirá na remodelación completa do terreo de xogo incluíndo o seu mantemento mensual.
Fernández indicou que “as obras, que transcorren sobre o previsto inclúen tamén o repintado das liñas da cancha así como a revisión e posta a punto do sistema de rego por aspersión, contemplando xa o mantemento mensual do recinto, a base de segas e renovación de semente naquelas zonas que se deterioren ou presenten un maior desgaste co fin de garantir o bo estado da herba natural en todo momento. A intervención, “ten como obxectivo a remodelación completa do campo de xogo para mellorar as súas prestacións xa que, na actualidade, a instalación presentaba algunhas eivas de conservación” destacou o edil. Coa instalación das Pedreiras son tres as dotacións públicas ao servizo das e dos afeccionados lucenses ao rugby, xunto á ubicada ao carón dos Xulgados (conveniada con Educación) e ao campo de fútbol de Nadela.