Sete novos casos activos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou que, nas últimas 24 horas, os casos activos por coronavirus aumentaron  en 7 novos positivos na área sanitaria de Lugo, situando o número total nesta área en 79.

En canto a Galicia o número de casos activos de coronavirus  é de 533, 89 máis que onte;  deles 246 son da área da Coruña, 79 da de Lugo, 37 da de Ourense, 44 da de Pontevedra, 81 da área de Vigo, 40 da de Santiago, e 6 da de Ferrol.Do total de pacientes positivos, 3 están en UCI, 25 en unidades de hospitalización e 505 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.403 persoas curadas, rexistrándose 620 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 262.510.

Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe. Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com