Os traballos de peonalización no barrio de Recatelo comezaron na rúa Vila de Sarria e está previsto que se realicen durante as tres vindeiras semanas. O Concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas xunto co edil de Infraestruturas Urbanas visitaron onte as obras e sinalaron que “queremos mellorar a imaxe deste barrio histórico da cidade, situado entre a Muralla e o Parque de Rosalía”, e destacando que “Recatelo pode ser unha importante zona de paseo ao mesmo tempo que se melloran os servizos e a calidade de vida da veciñanza”.
As vindeiras fases do plan inclúen a peonalización das rúas Avelino Pousa Antelo e Isaac Díaz Pardo para completar a humanización do barrio