Falece unha persoa por coranavirus no Hospital da Mariña

Unha persoa de 83 anos, con patoloxías previas e que estaba internada no Hospital da Mariña, é a primeira vitima nos últimos dous meses na Área de Lugo, que continua coa baixada de casos activos pasando de 79 a 74, cinco menos que onte.

No resto de Galicia a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 591, deles 302 son da área da Coruña, 41 da de Ourense, 43 da de Pontevedra, 83 da área de Vigo, 41 da de Santiago, e 7 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 23 en unidades de hospitalización e 566 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.428 persoas curadas, rexistrándose 621 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 264.202.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com