O candidato á alcaldía por Lugonovo Santiago Fernádez Rocha, xunto con outros membros da candidatura, explicará aos veciños do barrio da Ponte que o río Miño debe ser un referente no eido ambiental, lúdico, cultural, turístico e mesmo económico da cidade.
Fernández Rocha, ten entre outros proxectos, se chega ao goberno municipal, a creación dun parque de deportes e aventura nas beiras do río. Deste xeito as persoas que queiran estar en contacto coa natureza, terán a posibilidade de gozar das excelentes condicións paisaxísticas, naturais e deportívas que proporciona o río Miño ao paso polo concello de Lugo.
Para a realización deste parque, solicitaranse as axudas que a Unión Europea destina anualmente a este tipo de proxectos e asemade poranse en contacto con outras administracións: goberno do Estado, Xunta de Galicia e Deputación, para que tamén aporten dividendos dos seus orzamentos.
Lugonovo sosten que o aproveitamento dos recursos naturais de forma sensata, son un xeito de crear riqueza, sempre que ese aproveitamento, se faga baixo a premisa dunha economía baseada na sostiblidade e na ecoloxía, dous dos alicerces fundamentais para un mundo sustentable. Ademais utilizando o medio natural de xeito racional, acabarase con casos como o da instalación dunha gasolineira nas inmediacións do río.
Os candidatos de Lugonovo, trasladaran asemade aos veciños da Ponte outras inquedanzas de grande interese, xa que teñen previsto poñer en valor zonas fluviais de interese: Piago, Hombreiro, caneiros e Fábrica da Luz, coa posibilidade de utilizala como unha Aula de interpretación do río.