A Concellería de Muller, Igualdade e Xuventude, que dirixe Ana Abelleira, ofrece a posibilidade de obter o curso homologado de CAP, permiso C e mercancías perigosas, a través da programación do +Xti, organizada pola entidade local e subvencionada polo Plan Nacional de Drogas.
Os destinatarios deste curso, que conta con 11 prazas, son lucenses de 18 a 55 anos, empadroados en Lugo.
As persoas interesadas nesta actividade gratuíta poderán inscribirse, do 24 ao 28 de agosto, enviando un correo electrónico ao enderezo maisporti2020@lugo.gal. No asunto débese especificar “Inscrición ao curso de CAP, Permiso C e Mercancías perigosas” e o texto do mail debe incluír a seguinte información: nome e apelidos, DNI/NIE, enderezo, teléfono e data de nacemento. As admisións serán por rigorosa orde de inscrición e máis unha entrevista ata cubrir prazas.
O curso terá lugar dende o 7 de setembro ata o 30 de outubro de 19:45 ata as 23:00 horas, no Centro de Formación do Transporte de Lugo.
Este curso, súmase ao tamén curso homologado de manexo de carretillas elevadoras, que se realizou, abeiro do +Xti, o pasado mes de xullo, co total de prazas cubertas.