Cinco novos positivos por Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Na últimas 24 horas a área sanitaria de Lugo rexistrou cinco novos casos activos por coronavirus. Estes novos casos pertencen a cinco xornaleiros que traballan na recollida de froita en Castro Ribeiras de Lea e que conviven xuntos nun edificio da comarca chairega. O Sergas fará probas PCR ao resto de  xornaleiros, que traballan cos infectados, e que agora mesmo permanecen aislados no inmoble.

En canto ao número de casos activos de coronavirus en Galicia, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou na súa última actualización, que o número de positivos en Galicia é de 740; deles 406 son da área da Coruña, 80 da de Lugo, 49 da de Ourense, 45 da de Pontevedra, 108 da área de Vigo, 41 da de Santiago, e 11 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 2 están en UCI, 31 en unidades de hospitalización e 707 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.454 persoas curadas, rexistrándose 621 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 266.893.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com