A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) vén de informar dun fenómeno meteorolóxico de nivel LARANXA por Treboadas e Choivas que está afectando ao ámbito xeográfico da montaña de Lugo coa previsión de remate nas primeiras horas de mañá.
Ante isto, aconsella seguir as seguintes recomendacións para evitar posibles riscos:
Evitar calquera obxecto metálico; Sitúarse o máis lonxe posible de aramados e enreixados; As árbores non son o mellor acubillo, tampouco as construcións inestables, por exemplo, un alpendre ou cubertos.
No caso de que a tormenta poña en risco a súa seguridade na estrada, lembre: Evitar estacionar ou pararse nas beiras dos ríos e mesmo en cauces secos; Afástarse de pontes e torrentes; Non intentar atravesar unha zona inundada; Moderar a velocidade; Se a tormenta ameaza á seguridade, deben deter totalmente o vehículo no arcén coas luces intermitentes acesas ; Non abandonar o vehículo, permanecer no seu interior mentres dura a tormenta coas ventanillas pechadas
Ante calquer emerxencia chama ao teléfono 112.