Esta mañá as mozas e mozos que participaron na andaina que partiu do Parque Rosalía de Castro, baixo as indicacións do guía lugués Guido Álvarez; recibiron a visita da Concelleira Ana González Abelleira que xestiona, entre outras, a área de xuventude. A andaina está enmarcada na programación organizada polo concello para conmemorar o Día Mundial da Xuventude. Estas Andainas Xuvenís pola Sostibilidade e a Igualdade, están dirixidas a rapaces e rapazas de 14 a 35 anos, e estenderanse ata outono.
As seguintes andainas programadas por Xuventude celebraranse o 29 de agosto, o 4, 12 e 19 de setembro, o 17 de outubro e o 21 de novembro. O número de prazas para cada unha destas camiñadas é de 25, e as inscricións débense facer a través do enderezo electrónico xuventude@lugo.gal.