Mala fin de semana para o deporte lucense, que acumulou as derrotas do Club Deportivo Lugo e do Ribeira Sacra Breogán.
O Lugo perdeu contra o Sporting de Gijón por un dous, no estadio Ángel Carro na trixésimo sétima xornada da Liga Adelante. Provisionalmente, os lucenses son décimo cuartos con corenta e seis puntos.
Pola súa banda, final amargo para o Ribeira Sacra Breogán no segundo encontro da semifinal no Pazo.
Coas gradas a tope e o equipo enchufado, ao principio todo parecía que podería rematar ben para os celestes, pero un mal minuto final, e a fe dos pucelanos levaron ao electrónico a marcar o 73-76, e o empate a unha vitoria na eliminatoria.
Agora toca loitar contra os vallisoletanos os vindeiros venres e domingo.