Os últimos infectados pola Covid-19 elevan a 136 os casos activos na área sanitaria de Lugo

Con 23 novos casos activos por coronavirus nas últimas 24 horas, a área sanitaria de Lugo suma 136 infectados, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade  na súa última actualización. Compre destacar un brote de 8 casos positivos nun edificio de Monforte de Lemos e onde o persoal sanitario do Sergas xa está a realizar as correspondentes probas PCR no edificio co fin de confirmar outros posibles casos.

En canto  ao número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.623, deles 960 son da área da Coruña, 136 da de Lugo, 145 da de Ourense, 84 da de Pontevedra, 138 da área de Vigo, 91 da de Santiago, e 69 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 5 están en UCI, 55 en unidades de hospitalización e 1.563 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.657 persoas curadas, rexistrándose 625 falecementos. O número de PCR realizadas é de 286.968.

Galicia súmase ao novo sistema de rastrexo e control a covid-19 -Radar Covid

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, comunicoulle  ao Ministro de Sanidade, Salvador Illa, a vontade de Galicia para adherirse á aplicación de rastrexo “Radar Covid” que desenvolve o Goberno central.

O responsable galego de Sanidade apuntou que a aplicación de rastrexo estatal engadirase ao sistema “Passcovid”, que neste intres está a testear na súa fase piloto a Xunta de Galicia, e que será completamente interoperable coa app estatal.

Almuiña remarca que “Radar Covid” é unha ferramenta de participación cidadá que, grazas a súa axilidade e eficacia, contribuirá a mellorar a detección precoz de novos casos e, así mesmo, adoptar tamén medidas axeitadas con maior celeridade e precisión, respecto da situación epidemiolóxica.

Passcovid” a aplicación na que está a traballar a Xunta
A aplicación ‘Passcovid’, é un canal telemático e preferente de contacto de residentes e transeúntes en Galicia que, por medio da tecnoloxía Bluetooth e grazas á conexión co Servizo Galego de Saúde e a Central de Rastrexo de contactos, permitirá coñecer con precisión a trazabilidade da covid-19 na comunidade galega.

A Xunta de Galicia agrupará nunha única app un conxunto de utilidades para cidadanía, incluída a do restrexo automatizado de contactos, que servirán de soporte e axuda para os profesionais sanitarios. Así, a adhesión a app será voluntaria e garantirá a privacidade e confidencialidade dos datos que se insirán na mesma.

As persoas que descarguen a aplicación ‘Passcovid’, poderán optar por facelo mediante un perfil personalizado, ou ben, por un perfil anónimo.

No primeiro dos casos, os usuarios que desexen rexistrarse poderán facelo por medio da identificación segura Chave365, recibindo alertas, mensaxes e consellos prácticos, en función de sus características en relación con la COVID. Se deciden optar por un perfil anónimo, as mensaxes e alertas gozarán dun carácter moito máis xenérico, e incidirán nos protocolos sanitarios vixentes en Galicia.

En ámbolos dous casos, se a persoa usuaria decide, de xeito voluntario, activar a súa xeolocalización, as mensaxes e alertas estarán referenciadas de acordo á ubicación da persoa en cada intre. Así, ‘Passcovid’ facilitaralle datos moito máis específicos, como poden ser os brotes activos nese concello, os protocolos vixentes no municipio ou as medidas sanitarias que debe adoptar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com