Un traballador sufre unha descarga eléctrica na Pastoriza

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon esta mañá a un operario que sufriu unha descarga eléctrica cando traballaba nunha subestación de Fonmiñá, na Pastoriza.

Foi un compañeiro quen, preto deste mediodía, alertou a través do 112 Galicia tras comprobar que a descarga deixou ao ferido sen fala.

Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitaron a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizaron dotacións por terra e aire ao desprazar o helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Para colaborar co equipo médico, o 112 Galicia tamén informou aos membros do GES de A Pontenova e aos axentes da Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com