O PP solicita unha entrevista en ADIF para reclamar mellores servizos ferroviarios

O PP de Lugo anunciou, nun acto diante da estación de tren da capital lucense, a solicitude a ADIF dunha reunión, para recibir información do cronograma de intervencións previstas para a mellora das infraestruturas e dos servizos ferroviarios. No acto desta mañá estiveron xunto ao vicesecretario de Participación do PP, Jaime de Olano, e da presidenta provincial do partido, Elena Candia, deputados autonómicos e nacionais, senadores, o portavoz municipal, Ramón Carballo, concelleiros  e o portavoz provincial.

En palabras de Elena Candia, o PP “demanda con firmeza do Goberno para Lugo o imprescindible fortalecemento dos servizo ferroviarios”. Tras anunciar a solicitude de reunión con Adif, recordou que “non é a primeira vez”. Lembrou que  “xa no ano 2018 , unha representación da veciñanza de Lugo visitou Adif”. A comitiva lucense foi recibida polo presidente de entón, Juan Bravo, e pola daquela directora xeral de Explotación, a lucense Isabel Pardo de Vera, hoxe presidenta deste organismo. Nesa reunión “déusenos explicacións e asumiuse un compromiso cronolóxico para que Lugo non quedara desvinculada duns bos servizos ferroviarios, especialmente da alta velocidade”.

Transcorreu o tempo e mudou o Goberno. Agora, Candia di que “as últimas noticias que temos son negativas e incluso o posicionamento  do Partido Socialista na nosa provincia tenos profundamente preocupados, porque parece que eliminou da súa axenda o compromiso con Lugo no que aos servizos ferroviarios se refire”.

Os populares non permitirán, adiantou Candia, que non se cumpran os compromisos adquiridos con Lugo. “Queremos unha reunión con Adif para que, sobre aquelo que se nos explicou no 2018, vexamos os avances e se ratifiquen o compromiso coa nosa provincia.

Pola súa banda, Jaime de Olano denunciou unha vez máis o abandono por parte do Goberno de Pedro Sánchez  da provincia de Lugo e do conxunto de Galicia. Declarou: “Vemos como aproveitou esta pandemia para suprimir servizos que son fundamentais e que conectan a nosa  provincia e toda Galicia co resto de España”.

Os populares non permitirán, adiantou Candia, que non se cumpran os compromisos adquiridos con Lugo. “Queremos unha reunión con Adif para que, sobre aquelo que se nos explicou no 2018, vexamos os avances e se ratifiquen o compromiso coa nosa provincia”.

 

 

Novas relacionadas

  1. Jose Luis Alf
    Ago 24, 2020 - 08:55 PM

    Puderon facelas fai 4 anos ou 8 anos ou 14 anos jajaj

    Reply
  2. José Manuel González Díaz
    Ago 24, 2020 - 06:14 PM

    Que fotos máis tontas.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com