Antonio Ameijide Antonio Ameijide

O PP urxe a creación dunha oficina de asesoramento e apoio aos afectados por ocupacións en Lugo

O Grupo Municipal do PP insta ao goberno local de PSOE e BNG a que cumpra o acordo de pleno de setembro de 2018 a través do cal se aprobou “crear unha oficina de asesoramento e apoio aos propietarios de vivendas afectadas por ocupacións irregulares”. Segundo a proposición que saiu adiante cos votos de Lugonovo e Ciudadanos “esta oficina tamén tería como misión informar das axudas ao alugueiro tanto municipais como as procedentes doutras administracións, e tratar este fenómeno non só dende o punto de vista legal se non tamén social”.
O vicevoceiro popular anuncia que levarán unha iniciativa a Comisión para “lembrar a Méndez e Arroxo a súa obriga de acatar os acordos de
pleno logo de coñecerse unha nova ocupación en Lugo nun pazo da Fervedoira”.

Os populares indican que “a ocupación ilegal é hoxe un problema en Lugo e que xa hai varios focos en barrios como A Milagrosa, As Gándaras, A Chanca e barrio Feijoo, aos que se suma este último da Fervedoira”. “A incidencia deste fenómeno, nestas zonas, preocupa aos veciños polos problemas de convivencia que se producen” destaca o vicevoceiro popular.
Para os populares a administración local conta “con mecanismos e ferramentas para actuar sobre esta problemática”, nese senso, “ademáis
de incrementar a presenza policial, é necesario implementar medidas destinadas a apoiar e asesorar ás persoas afectadas, para que poidan
recuperar as súas vivendas no menor tempo posible, especialmente nos casos de familias que carecen de recursos económicos suficientes para afrontar os gastos que supón iniciar un procedemento de desaloxo destas características”.

A celeridade á hora de actuar por parte dos propietarios das vivendas que son obxecto de ocupación é primordial, “por iso entendemos que o
Concello de Lugo debería crear unha oficina de asesoramento e apoio para que os propietarios das vivendas poidan obter información sobre os pasos adecuados que deben levar a cabo para recuperar as súas vivendas, e acompañar aos propietarios durante todo o proceso”, concluíu.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com