Unha persoa perdeu a vida durante a tarde de onte na Praia das Catedrais, en Ribadeo, despois de que fora sacada da auga con síntomas de afogamento.
Os feitos sucederon preto das 19:45 horas. Foi, nese momento, cando varias persoas particulares alertaban dos feitos ao 112 Galicia.
Axiña, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, a pesar dos esforzos realizados, nada puideron facer por salvarlle a vida.
Ademais, o persoal do 112 Galicia pasou o aviso á Policía Local, a Salvamento Marítimo e ao Servizo de Gardacostas de Galicia.