A Xunta concede ao Concello de Lugo un novo obradoiro de emprego

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Desenvolvemento Local, Rosana Rielo, anunciaron esta mañá a concesión dun novo obradoiro de emprego especializado en potenciar a cultura e o turismo baixo o nome de Cultur@ Lvcvs .

López Orozco explicou que o obxetivo deste obradoiro é aproveitar as potencialidades que ten Lugo en materia de cultura e turismo e “acabamos de recibir a confirmación da concesión da subvención para levar a cabo este proxecto”. Ademais de que o proxecto Cultur@ Lucus foi un dos máis valorados na Consellería de Traballo á hora de conceder as subvencións.

Neste sentido, tamén incidiu na “experiencia que ten o Concello no desenvolvemento deste tipo de obradoiros e o mellor exemplo son o Arqueo Lucus e o Urbs Lucus que permitiron dixitalizar unha parte importante do noso patrimonio histórico e documental”.

O obradoiro Cultur@ Lvcvs conta cun orzamento de 204.318 euros e está destinado a 23 persoas desempregadas cunha duración total de 6 meses nos que se inclúen as prácticas na rede museística municipal.

Como explicou a Concelleira de Desenvolvemento Local, o obradoiro conta con tres especialidades diferentes: Dinamización, Programación e Desenvolvemento de Accións Culturais (8 prazas); Interpretación e Educación Ambiental (7 prazas); e Promoción Turística Local e Información ao Visitante (8 prazas).

Teñen como obxetivo a creación e desenvolvemento de proxectos de animiación cultural que busquen a promoción das actividades, a creación dun canle cultural público e virtual, a creación e desenvolvemento de visitas guiadas en entornos naturais e as principais características medioambientais da zona, e tamén a atención e asesoramento dos visitantes ante a solicitude de información turística e a planificación dunha campaña turística.

Os participantes obterán os certificados profesionais homologados pola Xunta de Galicia para desenvolver estes traballos ademais de que se aproveitarán os recursos do Concello como é a rede museística ou os programas culturais para a realización das prácticas. Rosana Rielo tamén explicou que a selección de persoal será a través das Oficinas de Emprego como nos programas anteriores.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com