A pandemia en Lugo avanza desbocada

Segue o aumento de casos de infectados por coronavirus na Área de Lugo, cerca de oitenta nas últimas vinte e catro horas. Estas cifras xa comezan a ser moi preocupantes e haberá que ir pensando en medidas drásticas para atallar o andazo. Éa  hora de enfrontarse coa realidade. Está quedando claro que a irresponsabilidade duns poucos está a poñer en perigo a maioría da poboación. É o momento de actuar, sen panos quentes, hai que tomar as medidas necesarias que reduzan os contaxios; as que sexan necesarias, custe o que custe. Nestes intres cada hora que se pospoñan medidas drásticas, pode supoñer días ou semanas, na saída desta crise. E isto pode suceder se se volve chegar tarde e non se pon couto a esta situación, non se pode repetir o que xa pasou en marzo, daquela as consecuencias para a saúde e a economía luguesa poden ser, de xeito xa o estan a ser, de autentica catástrofe.

Estes son os datos das últimas 24 horas en Galicia. A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.484 deles 1.382 son da área da Coruña, 675 da de Lugo, 324 da de Ourense, 218 da de Pontevedra, 214 da área de Vigo, 540 da de Santiago, e 131 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 17 están en UCI, 119 en unidades de hospitalización e 3.348 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.556 persoas curadas, rexistrándose 640 falecementos. O último foi o dun home de 74 anos que estaba ingresado no CHUAC. Tiña patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 331.803.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com